Enfermidade de Alzheimer, abordaxe multidisciplinar para coidadores. Concello da Pobra do Caramiñal

2/12/2009

Este curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar a unha persoa cunha demencia dotándolles dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas.

O curso no Concello da Pobra do Caramiñal, desenvolverase os días 14,15 e 16 de decembro do 2009 e 12,14,19,21 e 26 de xaneiro do 2010, en horario 18.30 a 20.30 horas.

Os contidos do Curso son os seguintes:

Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico
Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria
Módulo 3: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento
Módulo 4: Terapias non farmacolóxicas e comunicación na enfermidade de Alzheimer
Módulo 5: Coidados de Enfermería na enfermidade de Alzheimer
Módulo 6: Fisioterapia en enfermos de Alzheimer e outras demencias
Módulo 7: Cuestións legais a ter en conta diante da demencia
Módulo 8: Recursos sociais. Programas de AGADEA

Para Máis información chamar o Departamento de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Caramiñal 981 83 27 63

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar