Enfermidade de Alzheimer, Aboradaxe multidisciplinar para coidadores/as. Concello da Estrada

17/11/2014

Este curso ten como obxectivo formar e informar as persoas que asumen a responsabilidade de coidar a unha persoa cunha demencia dotándolles dos recursos precisos para artellar as respostas axeitadas.

O curso no Concello da Estrada, desenvolverase do 17 ao 21 de Novembro, en horario 19.00 a 20.00 horas no local social de ABANCA situado na R/ Calvo Sotelo.

Os contidos do Curso son os seguintes:

Módulo 1: Demencia e enfermidade de Alzheimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico
Módulo 2: Organización e planificación da vida diaria
Módulo 3: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento
Módulo 4: Cuestións legais a ter en conta diante da demencia.
Módulo 5: A familia diante da enfermidade de Alzheimer. Estratexias de enfrontamento.

Este curso está recoñecido de Interese Sanitario pola Conselleria de Sanidade ( Xunta de Galicia)

Para inscribirse poden poñerse en contacto con AGADEA a través dos seguintes teléfonos 981595738/647589725 ou no email agadea@agadea.org

Adxuntos

Imaxes

  • Enfermidade de Alzheimer, Aboradaxe multidisciplinar para coidadores/as. Concello da Estrada

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar