Fantástica experiencia a que viviron hoxe no #MUPEGA un grupo de persoas do Activa-T e alumnos do C.E.I.P. de Calo. Xuntos fixeron unha viaxe polo tempo que os trasladou aos colexios da Restauración borbónica, da Segunda República e da época franquista.

A visita foi moi enriquecedora, tanto para os menores que descubriron a sabiduría das persoas de idade como para os nosos maiores que aumentaron a súa motivación e actividade.