As demencias

Cando se consideraba habitual que co paso do tempo as persoas perdesen capacidades mentais, moi pouco se podía facer como non fose resignarnos.

Co paso dos anos, moitas cousas mudaron e esta idea, xeralmente aceptada, trocouse na que hoxe acreditan os especialistas médicos: as persoas maiores, polo feito de selo, non teñen que chochear.

Cando unha persoa, necesita axuda para desenvolverse na súa vida diaria, hai que pensar, que non é normal.

Está pasando algo se:

  • Esquece as cousas que se lle acaban de dicir
  • Atopa sempre xustificación para a súa falta de memoria
  • Non entende o que se lle di
  • Volveuse discutidora
  • Non se pode razoar con ela
  • Cambiáronlle os costumes
  • Garda as cousas e non as atopa
  • Ten problemas para manexar o diñeiro
  • Fai sempre a mesma comida

Non se pode agardar a ver se as cousas se resolven soas. Pode que a persoa estea comezando a desenvolver un proceso de demencia e, se é así, o tempo é calidade de vida para ela e para a súa familia.

Para saír de dúbidas, o procedemento fixado pola Consellería de Sanidade no Plan galego de atención ao enfermo de Alzheimer eoutras demencias é que se acuda ao médico de cabeceira.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar