A demencia tipo alzheimer

Aloysius Alzheimer

Cando o médico de cabeceira diagnostica un proceso de demencia, seguindo o Protocolo de diagnóstico e derivación de pacientes con deterioración cognitiva que figura no Plan galego de Alzheimer, indicará que o enfermo ten que acudir a unha consulta especializada, no seu hospital de referencia, e entregaralle un documento de interconsulta para solicitar a cita.

O médico especialista realizará a diagnose diferencial e, despois de realizar diferentes probas, poderá informar ao enfermo e á súa familia sobre qué tipo de demencia padece.

Facer a diagnose diferencial é moi importante porque hai outras enfermidades que teñen as mesmas síntomas ca unha demencia e poden curarse, e tamén porque, logo de saber o tipo de demencia que padece unha persoa, é cando se pode indicar un tratamento farmacolóxico específico.

Asemade, tamén se poden facer moitas outras cousas para manter as capacidades da persoa enferma máis tempo e para que a calidade de vida da familia se manteña no mellor nivel posible.

A demencia máis frecuente é a de tipo Alzheimer, pero convén saber que existen moitas outras.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar