Curso O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia

10/11/2016

O Departamento de Educación do Museo do Pobo Galego e a Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencias Tipo Alzhéimer (AGADEA) colaboran, desde 2006, coa finalidade de estimular, a partir do patrimonio cultural que o Museo atesoura, ás persoas con demencias tipo alzhéimer. Como froito deste traballo, nace en 2016 a guía “Activando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva”, pensada para implementarse desde o ámbito da educación patrimonial e da terapia cognitiva.

 

No curso O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia, Beatriz Rey e Carme Campo, coautoras da guía, explicarán as diferentes fases de traballo para elaborar estes materiais e porán en práctica varios dos exercicios recollidos nela.

 

Será no mércores 23 de Novembro, de 16h a 19h no auditorio do Museo do Pobo Galego. Está dirixido a persoas do ámbito terapéutico, das Ciencias da Educación  e a coidadores e coidadoras de persoas con doenzas tipo alzhéimer.

 

O curso é gratuíto e conta con prazas limitadas polo que é necesario inscribirse antes do 18 de Novembro en deac@museodopobo.gal ou no 981 583 620.

 

Agardamos que sexa do voso interese.

Recibide un cordial saúdo.

Imaxes

  • Curso O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar