Curso formativo para pór en práctica a guía en liña Estimulando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso na estimulación cognitiva.

12/12/2016

AGADEA e o Museo do Pobo Galego organizan o vindeiro sábado 17 de decembro no Centro de día de Alzheimer de Ribeira o curso "O folclore como recurso na estimulación cognitiva de persoas con demencia". Esta actividade está dirixida ao persoal de AGADEA e a finalidade do mesmo é a de mostrar como funciona a guía de recursos "Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso na estimulación cognitiva", nunha xornada formativa na que os e as participantes pondrán en práctica algunhas das actividades que se recollen nesta publicación. A guía é froito da colaboración entre o Departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) do Museo do Pobo Galego e Agadea Alzheimer , na liña do traballo en rede para unha museoloxía social e un patrimonio máis accesible desenvolvida polo DEAC. 

 

Imaxes

  • Curso formativo para pór en práctica a guía en liña Estimulando a Memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso na estimulación cognitiva.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar