Curso formativo en demencias e infomática

9/6/2017

Dende a Federación Alzhéimer Galicia e coa colaboración de AGADEA, ponse en marcha o “Curso formativo en demencias e informática” para mulleres maiores de 40 anos coidadoras de persoas con alzhéimer, que se celebrará tanto no Concello de A Estrada como no Concello de Santiago de Compostela.

O curso dará comezo o vindeiro 20 de xuño, cunha duración de 16 horas (8 días, 2 horas por día) e é totalmente gratuíto.

O obxectivo fundamental é brindar uns coñecementos básicos de informática á vez que ofrecer un coñecemento específico en materia de alzhéimer a aquelas mulleres que conten cunha experiencia previa neste campo debido á atención prestada a familiares con esta doenza, co fin de mellorar a súa empregabilidade.

Para máis información ou para inscricións a través do correo electrónico agadea@agadea.org ou no teléfono 647 589 725.

Imaxes

  • Curso formativo en demencias e infomática
  • Curso formativo en demencias e infomática
  • Curso formativo en demencias e infomática

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar