CURSO “ ENFERMIDADE DE ALZHEIMER; ABORDAXE MULTIDISCIPLINAR PARA COIDADORES/AS”, NO CONCELLO DE NOIA

9/12/2013

AGADEA levará a cabo no Concello de Noia o Curso “Abordaxe Multidisciplinar Para Coidadores” , este celebrarase do 9 ao 13 de Decembro de 2013 no Edificio Municipal de Servizos Administrativos, situado na R/ Espíritu Santo,4.Noia.
Curso gratuito,recoñecido de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade. Está impartido, entre outros, por profesionais da Neuroloxía, Enfermería.
O contido do curso é o seguinte:
1ºDÍA:
· Presentación do curso.
· Demencia e enfermidade de Alzheimer.
· Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico.
Relator: Dr/ Alfredo Robles (Neurólogo).
2º DÍA:
· Organización e planificación da vida diaria.
Relator: Ana Villaverde (Enfermeira)
3ªDÍA:
· A familia diante da enfermidade de Alzheimer.
Estratexias de afrontamento.
Relator: Pablo Mirás (Psicólogo).
4º DÍA:
· Terapias non farmacolóxicas e a comunicación na
enfermidade de Alzheimer.
Relator: Martina González (Educadora Social).
5º DÍA:
· Cuestións legais a ter en conta diante da
demencia.
Relator: Francisco Brea ( Avogado).
As Persoas interesadas en inscribirse no curso poden facelo contactando con AGADEA a través dos seguintes teléfonos 981 59 57 38 /647 58 97 25 ou do e-mail agadea@agadea.org, así como co Concello de Noia (Concellería de Igualdade e Benestar) no teléfono 981 82 81 04.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar