CURSO DE COIDADOS PALIATIVOS EN ENFERMIDADE NEURODEXENERATIVA AVANZADA.

21/10/2013

Os Coidados Paliativos están destinados a favorecer a calidade de vida dos pacientes e familias abordando os problemas asociados coa enfermidade con pronóstico de vida limitado mediante a prevención e alivio do sufrimento. Non pretenden alongar nen acurtar a vida. Inciden sobre o bon control da dor e outros problemas físicos, psicolóxicos, sociais e espirituais.
Estes coidados aplícanse precozmente coa fin de mellorar os síntomas da enfermidade e ofrecen un sistema de soporte e axuda para conseguir que a vida destes pacientes sexa activa tanto como se poida.
PROGRAMA DO CURSO:
DÍA 21: Concepto e filosofía dos coidados paliativos:
- Concepto de Enfermidade Terminal.
- Terminalidade na enfermidade neurodexenerativa.
Dr. Luis Masa Vázquez.
DÍA 22: Ética e coidados paliativos:
- Vontades anticipadas.
- Limitación do esforzo terapéutico.
Dr. Ricardo Valdés Bermejo.
DÍA 23: A comunicación co enfermo terminal e a sua familia:
- A dor nos procesos terminais.
Dra. Rosa de la Fuente.
DÍA 24: Coidados integrais ao final da vida:
- Control de síntomas máis frecuentes.
- Coidados de confort.
Dona Mª Dolores Vahamonde.
DÍA 25: Atención á persoa coidadora:
- O afrontamento da morte e do duelo.
D. Pablo Mirás Sánchez.
Data: do 21 ao 25 de Outubro de 2013.
Horario: 19:00 a 21:00 h.
Lugar: Salón de Actos da Casa das Asociacións de Benestar Social. R/Manuel María, 6 (Salgueiriños).
Precio inscripción: 5€.
Para máis información contactar con AGADEA, agadealzheimer@gmail.com, ou nas nosas oficinas de Salgueiriños: Rúa Salgueiriños de Abaixo, 15 (Cancelas-Mallou), Santiago de Compostela.
Teléfono: 981-595-738 ou 647589725

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar