Convivir con Alzheimer

Vivir cunha persoa que padece unha demencia dexenerativa tipo Alzheimer é unha tarefa para a que ninguén está preparado e que ninguén debe asumir en solitario. É responsabilidade de toda a familia informarse e participar, asumindo tarefas e compromisos no coidado da persoa enferma.

Ao principio, hai moitas cousas que aprender e que decidir porque é o momento de fixar as pautas que mellorarán a convivencia durante moitos anos, que farán posible que a familia poida entender o que está pasando e asumilo, ao tempo que farán máis fácil e axeitado o coidado do enfermo.

Haberá que aprender a vivir doutra maneira: supervisando, facilitando o mantemento, ou suplindo as capacidades que a persoa vai perdendo pouco a pouco, nun proceso en que temos que intervir potenciando o autocoidado, a autonomía, a utilidade e a integración da persoa con demencia mentres sexa posible, con paciencia, sentido común e imaxinación.

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar