CONTINUAMOS CO CICLO DE CHARLAS DO AUTOCOIDADO NO ENSANCHE

7/4/2017

En AGADEA seguimos co ciclo de charlas durante os meses de  abril, co que se pretende actualizar e afondar na importancia do autocoidado na figura da persoa coidadora e nas estratexias de intervención dende o punto de vista Social. As persoas asistentes adquirirán coñecementos teórico – prácticos sobre as diferentes temáticas tratadas en cada charla.

A metodoloxía que se empregará será fundamentalmente práctica, polo que se fará énfase nos aspectos prácticos e na exposición de casos. Curso dirixido preferentemente a familiares, estudantes e profesionais no ámbito.

DOCENTE: Martina González Veiras Actualmente membro do equipo técnico do Centro de Día de Alzheimer de Ribeira. Diplomada en Educación Social, Universidade de Santiago de Compostela (2007). Especializada na intervención en pacientes con Demencia Tipo Alzheimer e outras Demencias.

As charlas de Abril, serán as seguintes:

11 de abril - 19:00 – 20:30: O Dereito e a Necesidade de Pedir Axuda durante o Proceso de Coidado

18 de abril -19:00 – 20:00: A importancia de Limitar o Coidado

25 de abril - 19.00- 20.00h: O Autocoidado no Coidador

todas elas son gratuítas, e para asistir é necesario inscribirse previamente no 647 589 725 ou a través do correo agadea@agadea.org.

 

 

Imaxes

  • CONTINUAMOS CO CICLO DE CHARLAS DO AUTOCOIDADO NO ENSANCHE

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar