Como coidar a unha persoa con demencia

25/4/2017

En AGADEA seguimos co ciclo de charlas durante os meses de maio e xuño, no Concello de A Estrada, co que se pretende actualizar e afondar na importancia do coidado das persoas con demencia no domicilio. As persoas asistentes adquirirán coñecementos teórico – prácticos sobre as diferentes temáticas tratadas en cada charla.

A metodoloxía que se empregará será fundamentalmente práctica, polo que se fará énfase nos aspectos prácticos e na exposición de casos. Curso dirixido preferentemente a familiares, estudantes e profesionais do ámbito socio sanitario

 

As charlas durante os meses de maio e xuño, serán as seguintes:

Día 15 de maio

19:00 – 20:00

Terapias non farmacolóxicas: Estimulación no domicilio.

Iria Piñeiro Silva. Terapeuta ocupacional de AGADEA

 

Día 22 de maio

19:00 – 20:00

Síntomas psicolóxicos e condutuais nas demencias (SPCD)

Alba Felpete López. Psicóloga de AGADEA

 

Día 29 de maio

19:00 – 20:00

Mobilizacións en persoas con mobilidade reducida

Paula Rebolo González. Auxiliar de enfermería de AGADEA

 

Día 5 de  xuño

19:00 – 20:00

A comunicación coa persoa con demencia.      

Alba Felpete López. Psicóloga de AGADEA

 

Día 12 de xuño

19:00 – 20:00

A sobrecarga na persoa coidadora principal

Alba Felpete López. Psicóloga de AGADEA

 

Todas elas son gratuítas, e para asistir é necesario inscribirse previamente a través do formulario adxunto, no 647 589 725 ou a través do correo agadea@agadea.org.

Adxuntos

Imaxes

  • Como coidar a unha persoa con demencia

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar