CICLO DE CHARLAS DO AUTOCOIDADO NO COIDADOR DENDE O PUNTO DE VISTA SOCIAL

24/2/2017

En AGADEA ponse en marcha un ciclo de charlas durante os meses de marzo e abril, o que se pretende é actualizar e afondar na importancia do autocoidado na figura da persoa coidadora e nas estratexias de intervención dende o punto de vista Social. As persoas asistentes adquirirán coñecementos teórico – prácticos sobre as diferentes temáticas tratadas en cada charla.

A metodoloxía que se empregará será fundamentalmente práctica, polo que se fará énfase nos aspectos prácticos e na exposición de casos. Curso dirixido preferentemente a familiares, estudantes e profesionais no ámbito.

DOCENTE: Martina González Veiras Actualmente membro do equipo técnico do Centro de Día de Alzheimer de Ribeira. Diplomada en Educación Social, Universidade de Santiago de Compostela (2007). Especializada na intervención en pacientes con Demencia Tipo Alzheimer e outras Demencias.

Cada unha das charlas son gratis, para asistir é necesario inscribirse previamente no 647 589 725 ou a través do correo agadea@agadea.org.

 

 

 

 

 

Imaxes

  • CICLO DE CHARLAS DO AUTOCOIDADO NO COIDADOR DENDE O PUNTO DE VISTA SOCIAL

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar