CHARLAS SOBRE O ALZHÉIMER

5/2/2018

Nos vindeiros meses, AGADEA impartirá un ciclo de "Charlas sobre o Alzhéimer", na Parroquia de Xuño, no Concello de Porto do Son.

A primeira de elas comeza o vindeiro mércores día 7 de febreiro, baixo o título "Alzhéimer e outras Demencias", que será impartida pola Directora do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira e Psicóloga Sanitaria - Noelia Riaño.

Unha segunda convocatoria, terá lugar o mércores día 7 de marzo, neste caso, Martina González - Educadora Social do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira, falará sobre o "Coidado dos Coidadores".

Por último, no mes de abril, o día 4 coincidindo tamén en mércores. Lucía Fandiño - Traballadora Social de AGADEA, pechará este ciclo de charlas falando dos "Recursos Sociais e Comunitarios".

As tres charlas serán celebradas na Casa da Cultura de Xuño, ás 17:00 horas.

Os interesados en asistir poden poñerse en contacto coa Asociación Sartaxas de Xuño: sartaxas@gmail.com 

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar