Charlas saludables Escola Galega de Saúde

2/6/2016

Onte comezaron en A Estrada no Edificio do Novo Mercado as charlas saudables impartidas por profesionais da Escola Galega de Saúde en colaboración con AGADEA.

O tema da charla de onte foi os hábitos de vida saudables. O obxectivo desta charla foi concienciar a poboación da importancia de practicar hábitos saudables para mellorar a calidade de vida contribuíndo a prevención de enfermidades.

Aínda estades a tempo para inscribirvos nas dúas seguintes charlas. Unha delas terá lugar o  día 15 de Xuño de 17:00 a 20:00 e o tema será a mobilización e o coidado de persoas dependentes. A outra charla será o 22 de Xuño de 17:00 a 20:00 e nesta charla falarase sobre a musicoterapia.

Estas charlas están abertas a toda a poboación pero é necesario inscribirse para poder participar. Para inscribirse podedes descargar o formulario de inscrición que vos axuntamos. O formulario podédelo enviar por correo electrónico  a agadea@agadea.org ou entregalo nas oficinas de AGADEA en Santiago de Compostela( Salgueiriños de Abaixo, nº15 ) ou ben en A Estrada no edificio do Novo Mercado ( Rua Waldo Alvarez Insua).

 

 

Adxuntos

Imaxes

  • Charlas saludables Escola Galega de Saúde

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar