Charlas Qué deberías saber do Alzheimer?

16/3/2016

Dende Agadea e en colaboración co Concello de A Estrada estanse a levar a cabo dende o luns 14 de marzo, charlas informativas dentro do programa...Qué deberías saber do Alzheimer?. Estas charlas serán realizadas todos os luns durante sete semanas.
Dito programa ten como finalidade dar resposta a unha necesidade existente na poboación do rural.
O obxectivo primordial é o de achegar información sobre o Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas, coñecer os primeiros síntomas, os recursos públicos, tratamentos non farmacolóxicos...etc.
Entre as parroquias a visitar están Codeseda, Tabeirós, Berres, Foxo, San Xurxo de Vea, Santeles e Oca.

Imaxes

  • Charlas Qué deberías saber do Alzheimer?

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar