Charlas da Escola Galega de Saúde

13/5/2016

A primeira charla será o 1 de Xuño de 17:00 a 20:00 . O tema da charla serán os hábitos de vida saudables. O obxectivo desta charla é concienciar a poboación da importancia de practicar hábitos saudables e mellorar a calidade de vida contribuíndo a prevención de enfermidades.

O día 15 de Xuño de 17:00 a 20:00 terá lugar a segunda charla. O tema da charla e a mobilización e o coidado de persoas dependentes. O  obxectivo da charla é dotar de habilidades ós coidadores de maiores en mobilización , cambios posturais e hixiene postural.

A última charla será  22 de Xuño de 17:00 a 20:00. Nesta charla falarase sobre a musicoterapia. O obxectivo desta charla serán previr e axudar a incrementar a saúde física e mental a través da música.

Estas charlas serán impartidas por profesionais da Escola Galega de Saúde.

Estas charlas están abertas a toda a poboación. É necesario inscribirse para poder participar. Para inscribirse podedes descargar o formulario de inscrición que vos axuntamos. O formulario podédelo enviar por correo electrónico  a agadea@agadea.org ou entregalo nas oficinas de AGADEA en Santiago de Compostela ( Salgueiriños de Abaixo, nº15 ) ou ben en A Estrada no edificio do Novo Mercado ( Rua Waldo Alvarez Insua).

Adxuntos

Imaxes

  • Charlas da Escola Galega de Saúde

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar