CANCELADA Charla en Arnois sobre envellecemento activo

3/4/2018

A Asociación Galega para Axuda aos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA) impartirá o vindeiro 4 de abril ás 19:30 horas no local de O Carballal en Arnois unha charla sobre envellecemento activo “memoria e envellecemento”. Dirixido a persoas maiores de 65 anos e familiares de persoas que teñan algún tipo de demencia.

Dita charla foi posible grazas a colaboración entre a Asociación de Amas de Casa de Arnois e AGADEA. A finalidade de dita colaboración é a de achegar información sobre as demencias e achegar servizos básicos de prevención, como é o envellecemento activo e saudable á poboación maior.

Imaxes

  • CANCELADA Charla en Arnois sobre envellecemento activo

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar