Charla 22 de Maio "Síntomas psicolóxicos e conductuais nas demencias (SPCD)"

23/5/2017

Onte, día 22 de maio, tivo lugar na Estrada ( no Edificio do Novo Mercado, R/ Waldo Álvarez e R/Insua s/n) unha das charlas que estamos a facer dentro do Ciclo de Charlas: Como coidar a unha persoa con demencia. O título da charla foi " Os síntomas psicolóxicos e condutuais nas demencias", impartida pola psicóloga da Asociación, Alba Felpete López. 

As seguintes charlas de este ciclo realizaránse:

- O vindeiro luns 29 de Maio co título "As mobilizacións en persoas con mobilidade reducida" e a encargada de levala a cabo será unha auxiliar de enfermería de AGADEA, Paula Rebolo.

- O día 5 de Xuño, "A comunicación coa persoa con demencia", a responsable de presentala será a psicóloga de AGADEA, Alba Felpete.

- E o día 12 de Xuño, " A sobrecarga na persoa coidadora principal", tamén impartido pola psicóloga da Asociación.

O horario será de19:00 a 20:00 horas e os cursos son gratuítos e con límite de prazas.

Se estás interesado/a en asistir inscríbete en agadea@agadea.org ou no 647 589 725

Invitámosvos a que asistades nas próximas!!

Imaxes

  • Charla 22 de Maio "Síntomas psicolóxicos e conductuais nas demencias (SPCD)"
  • Charla 22 de Maio "Síntomas psicolóxicos e conductuais nas demencias (SPCD)"
  • Charla 22 de Maio "Síntomas psicolóxicos e conductuais nas demencias (SPCD)"

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar