CELEBRAMOS O PRIMEIRO ANIVERSARIO DO NOSO CENTRO EN RIBEIRA

2/10/2011
O 9 de setembro, ás 12 da mañá, celebramos o noso primer ano. Para festexar este feito invitamos ás familias dos 30 usuarios que actualmente asisten ó centro. Ademáis, contamos ca presencia de Vicente Mariño, edil de Asuntos Sociais, quen puido contemplar unha mostra dos obxectos confeccionados polos nosos usuarios e dúas representantes de Servicios Sociais do concello (traballadoras Sociais). Usuarios e familiares escoitaron atentamente o discurso inaugural do director do Centro, Pablo Mirás, e a Presidenta da Asociación, Isabel Gey. Logo, unha das usuarias, Francisca González, animouse a compartir con todos as súas impresións sobre o quefacer diario no centro. O momento emotivo chegou a continuación cando expuxemos, a través dunha presentación en power point, como traballamos día a día e as actividades especiais realizadas ó longo deste 12 meses. Finalmente, todos disfrutaron duns pinchos no comedor, onde tamén situamos a exposición de traballos realizados polos nosos usuarios.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar