CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN COAS DEMENCIAS EN FARMACIAS

12/12/2017

Dende a Asociación Galega de Axuda aos Enfermos de Alzheimer e outras Demencias Neurodexenerativas (AGADEA) quixemos dar a coñecer os Servizos de Estimulación Terapéutica para persoas con Alzheimer a través da colaboración das farmacias, promovendo así unha participación activa das persoas usuarias coa comunidade.

Os obxectivos desta campaña de sensibilización entre outros  foron os de facer partícipes as persoas usuarias de AGADEA na comunidade, sensibilizar a poboación en xeral sobre a enfermidade de Alzheimer, mellorar a autoestima das persoas con demencia...etc, e todo elo a través dunha actividade lúdica como a creación de árbores de nadal.

A campaña de sensibilización consistiu na elaboración de árbores navideños na que cada farmacia colaboradora colocou no escaparate ou nun algún lugar visible da mesma xunto con diversa información. Realizáronse catro cores diferentes de árbores para as diferentes zoas, Santiago de Compostela, A Estrada, Ribeira, Vedra e Boqueixón.

A entrega dos mesmos realizáronse na ponte de decembro e xa están expostas nas máis de 20 farmacias colaboradas.

Imaxes

  • CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN COAS DEMENCIAS EN FARMACIAS

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar