Atención Especializada na Enfermidade de Alzéimer e Outras Demencias Neurodexenerativas

6/2/2016

En Agadea organizamos o Curso Superior de Atención Especializada na Enfermidade de Alzéimer e Outras Demencias Neurodexenerativas, formación requerida para traballar con persoas que padecen a doenza.
O curso é de interese sanitario e terá unha duración de 270 horas dividas en 150 horas teóricas e 120 horas de prácticas nas diferentes aulas de estimulación integral que ten a Asociación nas diferentes localidades nas que está presente.
O curso poderá realizarse nos concellos de Santiago de Compostela e Ribeira.
Na localidade Compostelá o curso comezará o 7 de marzo na sede da asociación, mentres que en Ribeira porase en marcha o vindeiro 29 de febreiro no centro terapéutico da asociación.
Este curso, de interese sanitario e cunha duración de 270 horas, está dirixido a estudantes e profesionais do ámbito sanitario.
Máis información na propia asociación ou nos teléfonos 981 59 57 38 ou no 647 58 97 25 ou a través do correo electrónico agadea@agadea.org

Imaxes

  • Atención Especializada na Enfermidade de Alzéimer e Outras Demencias Neurodexenerativas
  • Atención Especializada na Enfermidade de Alzéimer e Outras Demencias Neurodexenerativas

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar