Apoio ás familias

AGADEA, pretende actuar dun modo integral no achegamento ás familias, xa que presenta o convencemento da importancia destas no proceso de coidado ás persoas con dependencia que acuden ao Centro. Ademais, as esixencias do coidado, continuas e prolongadas, xeran nos coidadores/as e familiares situacións de estrés e conflictividade que poden derivar en problemas psicolóxicos, físicos, sociais, laborais e económicos.

Nas familias detéctanse necesidades e demandas tales como o descanso, o tempo persoal, a información e o asesoramento, o acompañamento e o apoio emocional, o recoñecemento da súa labor de coidado, a formación, etc.

Por tanto, desde AGADEA preténdese reducir a problemática e propiciar que a familia poida seguir exercendo os coidados sobre a persoa dependente ao seu cargo , manténdose no seu ambiente familiar e social pero contribuíndo ao descanso do/a coidador/a e á mellora dos coidados a través dos distintos programas que se levan a cabo, prestándolle o apoio emocional que necesita e facilitándolle o seu propio autocoidado como coidador para que este repercuta no binomio coidado-coidador, minimizando os custes directos e indirectos da enfermidade. Xa que un aumento da calidade de vida do/a coidador/a, repercutirá positivamente na calidade dos coidados e, por tanto, na mellora da calidade de vida das persoas dependentes con demencia .

Prestarase apoio ás familias a través dos grupos de axuda mutua e atención psicolóxica individualizada .

Os grupos de axuda mutua están dirixidos pola psicóloga da Asociacion, buscan mellorar o estado emocional permitindo que a tensión emocional, a angustia e os diferentes estados de ánimo que sofre o coidador sexan atendidos e compartidos con outras persoas que presenten a mesma situación.

Imaxes

  • Apoio ás familias

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar