Andaina Solidaria co Alzhéimer

22/8/2016

Actualización 24/08/2016: 

Por motivos de organización, e co obxecto de garantir un correcto desenvolvemento da proba, informamos que se establece como data límite para a inscrición o día 6 de setembro ás 23:59 horas, quedando anulada a posibilidade de facer a inscrición presencial o día da proba. Desculpen as molestias.

 

 

AGADEA organiza a 1ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, coa colaboración de Arousa Natureza e Ocio ( Arousa NeO) e o Concello de Ribeira .Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado conformado polo Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixan (Concello de Ribeira).


Celebrarase o día 9 de setembro as 21:00 h.
Lugar de saída e chegada será a Área Recreativa " O Vilar"
Distancia: 10 km
Dificultade: media- baixa
Prezo da inscripción: 2 €
Formulario de Inscripción na web www.agadea.org


Toda a información sobre as bases, inscrición e outros datos no teléfono 672 70 50 53 ou na web www.agadea.org.

Contamos con vos!!!

Imaxes

  • Andaina Solidaria co Alzhéimer

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar