Agadea únese a campaña do Día Mundial do Alzhéimer: 'Ela non se acordará, e ti?'

1/9/2018

Como cada ano, o dia 21 de setembro conmemórase o Día Mundial do Alzheimer, declarado pola Organización Mundial da Saúde. Este día é aproveitado pola Federación Alzhéimer Galicia e as súas asociacións, entre elas AGADEA, para dar a coñecer a enfermidade e difundir información sobre a mesma, así como o traballo realizado polas entidades para mellorar a vida das persoas afectadas polo alzhéimer e o seu entorno. Todos os anos búscase con este Día achegar á sociedade en xeral e ás administración públicas a problemática da enfermidade, que se estima que pode afectar en Galicia a unhas 100.000 persoas. 

Así, a través da campaña “Ela non se acordará, e ti?”, queremos facer máis visibles aqueles aspectos que consideramos que tanto as administracións públicas como a sociedade en xeral deben axudar a recoñecer para mellorar a calidade de vida das persoas cunha demencia e da súa familia. Ademais, con este lema queremos unirnos á campaña da Confederación Nacional, CEAFA que este ano céntrase na importancia de concienciar á sociedade sobre a problemática da enfermidade a través do seu lema “Alzhéimer, ConCiencia Social”

  • Reivindicar a necesaria conciencia para garantizar unha axeitada abordaxe integral do alzhéimer que, ademais de combatir os seus efectos sociosanitarios, poña no centro de atención os dereitos das persoas afectadas (paciente-coidador), ó mesmo tempo que serespecte a súa dignidade.
  • Apoiar e sustentar calquera acción ou medida que poida lanzarse en evidencias contrastadas e contrastables, ó tempo que temos que esixir un maior compromiso coa ciencia -tanto a biomédica como a social ou sociosanitaria-, como único recurso para avanzar cara a erradicación da enfermidade, así como tamén das súas consecuencias.
  • Aposta en marcha en Galicia dunha Estratexia Transversal de Atención ás Demenciasque involucre a todos os eidos da Administración Pública, complementaria a un Plan Nacional de Alzhéimer.
  • Realizar con urxencia un estudo da situación real do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas en Galicia, creando un mapa que permita coñecer o impacto da doenza nas diferentes áreas da nosa comunidade.
  • Necesidade de que o alzhéimer e as demencias neurodexenerativas sexan consideradas polo Servizo Galego de Saúde como prioridade de saúde pública, tal e como o recoñece a OMS no seu informe “Demencia: una prioridad de salud pública”, publicado no ano 2012.
  • Recoñecemento do 33% de discapacidade para as persoas ás que se lles diagnostique alzhéimer ou outra demencia de maneira automática. As personas cunha discapacidade por enfermidades neurodexenerativas como o alzhéimer non responden ó patrón doutras discapacidades, polo que, en moitas ocasións, danse situacións de desprotección social. O recoñecemento deste grao de discapacidade permitirá ós afectados pola doenza a acceder a recursos e servizos básicos e imprescindibles para estas persoas.

Este ano queremos facer un chamamento á sociedade para que se implique nunha enfermidade que non deixa de aumentar a súa incidencia, centrando o noso lema e a imaxe de campaña na persoa con alzhéimer ou outra demencia. É por iso que o lema utilizado este ano por FAGAL e as súas AFAs será o seguinte: 

 

ELA NON SE ACORDARÁ, E TI?



CAMPAÑA EN REDES SOCIAIS 

No caso do lema de este ano, que ten o foco na persoa con alzhéimer e na importancia de que a sociedade se conciencie sobre esta doenza, queremos conseguir o apoio da sociedade baixo a etiqueta #NonMeEsquecerei. Así, este ano queremos animar aos nosos seguidores a que publiquen unha fotografía propia co noso cartel ou destacando nun calendario o día 21 de setembro xunto co lema anteriormente indicado, amosando así o seu apoio ás persoas con alzhéimer e ás súas familias. Está dispoñible unha plantilla descargable coa fotografía de campaña e o lema para poder apoiar esta campaña. 

Esta campaña estará aberta durante todo o mes de setembro en Facebook, Twitter e Instagram. 

EVENTOS 

Do 3 ao 23 de setembro: Exposición CapacitARTE. 

11 de setembro: Rolda de Prensa. 

18 de setembro: I Simposio nacional "La investigación sociosanitaria en la enfermedad de Alzheimer y otras demencias". 

22 de setembro: Gala 20 Aniversario da Federación Alzhéimer Galicia. 

24 de setembro: Xornada sobre envellecemento e demencias en Galicia. 

*Posteriormente informaremos dos actos de AGADEA con motivo do Día Mundial do Alzhéimer.

 

 

 

Adxuntos

Imaxes

  • Agadea únese a campaña do Día Mundial do Alzhéimer: 'Ela non se acordará, e ti?'

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar