AGADEA pon en marcha o Centro de Día de Alzheimer de Ribeira

29/9/2010
O pasado día 29 de xullo deste ano comezou a funcionar o centro día en Santa Uxía de Ribeira, servizo moi demandado e necesario nesta comunidade. O centro está xestionado pola asociación galega de Alzheimer Agadea, dependendo da "Consellería de Traballo e Benestar". Ten unha capacidade para 30 persoas afectadas de Alzheimer e tamén doutras patoloxías dexenerativas, e conta con múltiples servizos como peiteado, ximnasio, sala de fisioterapia, sala de animación, enfermaría, salga de formación....entre outras dependencias. O acceso a unha praza tramítase a través do departamento de Servizos Sociais del Concello. Os usuarios poden tomar o almorzo, comida e merenda e reciben clases de orientación, ximnasia, estimulación cognitiva, terapia ocupacional, psicomotricidade, xogos e, como non, tamén teñen un tempo de descanso.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar