Agadea organiza unha xornada de portas abertas no seu centro da Estrada

8/11/2018

O vindeiro luns 19 de novembro Agadea organiza no seu centro do Concello da Estrada unha xornada de portas abertas, co obxectivo de amosar a todas aquelas persoas que o desexen os seus obradoiros Cultiva o corpo e Envellecemento activo.

O primeiro dos obradoiros está dirixido ás persoas maiores que busquen mellorar e conservar as súas capacidades físicas, evitando a dependencia e retrasando a aparición de enfermidades asociadas ao envellecemento. O segundo dos talleres ten como finalidade estimular a nivel cognitivo, funcional e social á persoa con deterioro cognitivo moi leve ou sen deterioro a través de actividades específicas.

A xornada de portas abertas desenvolverase de 18 a 19h para o obradoiro "Cultiva o corpo" e de 19 a 20h para o de "Envellecemento activo", no primeiro andar do Edificio do Novo Mercado da Estrada.

 

Imaxes

  • Agadea organiza unha xornada de portas abertas no seu centro da Estrada

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar