AGADEA ORGANIZA UNHA OBRA DE TEATRO A FAVOR DO ALZHEIMER

19/1/2015

A obra de teatro ten o obxecto de recaudar fondos para os afectados da enfermidade de Alzheimer e dos seus familiares.

O vindeiro 25 de Xaneiro, ás 19:00 horas, no Auditoria de ABANCA (Rúa Preguntoiro, nº 23, Santiago de Compostela) terá lugar a representación da obra teatral “Celtas sen Filtro” de Méndez Ferrín, organizada por AGADEA (Asociación Galega para a Axuda a Enfermos con Demencia tipo Alzheimer) en colaboración co Grupo de Teatro “Airiños” de Asados- Rianxo e o Concello de Santiago.
A peza teatral, ten o obxectivo de recaudar fondos a favor das persoas que padecen Alzheimer ou outro tipo de demencia e aos seus familiares.
As persoas interesadas en acudir á obra de teatro, e polo tanto colaborar coa Asociación, poden conseguir as entradas chamando a AGADEA ao teléfono 981 59 57 38/ 647589725 ou a tráves do correo electrónico agadea@agadea.org. Así mesmo, tamén se poden facer coas entradas o día da representación, dúas horas antes, na taquilla do Auditorio ABANCA. Para aquelas persoas que non poidan asistir a esta actividade existe as entradas de fila cero, na que poden colaborar coa Asociación aportando o donativo que desexen.

Imaxes

  • AGADEA ORGANIZA UNHA OBRA DE TEATRO A FAVOR DO ALZHEIMER

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar