Agadea organiza o 'Curso para Coidadores' no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago

3/4/2019

Os familiares que asumen o coidado dunha persoa con enfermidade de Alzheimer viven dende o principio a desorientación e a angustia ante a evolución do seu ser querido. E é clave que, tanto para preservar a calidade de vida da persoa con Alzheimer como a do propio coidador/a principal, dispoñan da información e do apoio emocional necesario para poder sobrelevar as consecuencias que a irrupción da enfermidade conleva na vida cotiá. A partir do día 4 de abril abrimos grupo para o Curso de Coidadores que se desenvolverá no Centro de Saúde Concepción Arenal, de Santiago de Compostela e que será impartido pola psicóloga de Agadea, Alba Felpete.

Obxectivos do Grupo de Coidadores:

  • Transmitir información rigorosa sobre as demencias e a súa abordaxe no ámbito familiar
  • Dotar de estratexias que permitan manexar as alteración psicolóxicas e do comportamento asociadas as demencias
  • Reducir a sobrecarga percibida
  • Mellorar o estado de ánimo dos participantes
  • Mellorar a calidade de vida percibida
  • Potenciar a resiliencia nas persoas coidadoras
  • Xerar un impacto positivo no apoio social percibido

 

Contidos:

Levaranse a cabo en oito sesións de una hora de duración, combinado contido teórico, exemplos prácticos e intercambio de experiencias entre as persoas participantes.

SESIÓN 1: Presentación do programa (obxectivos, metodoloxía, axuste de expectativas…) SESIÓN 2: A enfermidade de Alzheimer: dende a reacción ao diagnóstico a súa comprensión SESIÓN 3: Principais dificultades no coidado dunha persoa con Alzheimer

SESIÓN 4: Como relacionarse coa persoa con Alzheimer SESIÓN 5: Manexo da ansiedade: aprender a relaxarse

SESIÓN 6: Coidarse. Integración do rol de coidador na identidade persoal

SESIÓN 7: O duelo no proceso da enfermidade SESIÓN 8: Peche

Poboación a que está dirixido o programa: Coidadores/as familiares de persoas con deterioro cognitivo e demencia.

Temporalización: Tódolos xoves de abril e maio (comezo 04/04/2019, finalización 06/06/2019) a excepción do 18/04/2019 e o 23/05/2019 por ser festivos, en horario de 16:00 a 17:00.

Localización: Centro de Saúde Concepción Arenal.

 

Tipo de grupo: Grupo pechado de entre 8 e 12 participantes.

 

Imaxes

  • Agadea organiza o 'Curso para Coidadores' no Centro de Saúde Concepción Arenal de Santiago

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar