Agadea imparte un curso recoñecido de interese sanitario en Riveira

28/3/2019

O departamento de Servizos Sociais do concello de Riveira organiza unhas xornadas para a promoción social das persoas maiores e mellorar a vida do colectivo da terceira idade. Trátase dun ciclo integrado por media ducia de actividades entre as que se inclúen varios cursos, que podedes ver no cartel adxunto.

A primeira das propostas é precisamente un curso sobre o alzhéimer, que está dirixido a profesionais da rama sanitaria e que será impartido por Agadea. Trátase dun taller de 20 horas que está recoñecido de interés sanitario pola Xunta de Galicia. Ten lugar entre o 1 e o 10 de abril e poderán participar nel trinta alumnos. A inscrición ten lugar en Servizos Sociais do concello de Riveira 

PROGRAMA

Módulo  1: Demencia e Enfermidade de Alzhéimer. Concepto, evolución e tratamento farmacolóxico.

Docente: Dra. Marta Saavedra. Neuróloga do Hospital da Barbanza

 

Módulo  2: Trastornos de Conduta na enfermidade de Alzhéimer.

Docente: Dra. Iria Veiga. Psiquiatra do Hospital da Barbanza

 

Módulo 3: Aplicacións prácticas de Fisioterapia na enfermidade de Alzhéimer e outras demencia.

Docente:Dna. Adriana Curros. Fisioterapeuta do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA

 

Módulo  4: O papel da familia fronte á enfermidade do Alzhéimer. Estratexias de afrontamento.

Docente:Dna. Mª Noelia Riaño. Psicóloga Sanitaria  - Directora do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA

 

Módulo 5: A importancia das Terapias non farmacolóxicas no tratamento da enfermidade.

Docente:Dna. Martina González. Educadora Social do Centro de día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA

 

Módulo  6: Recursos Sociais.

Docente:Dna. Lucía Fandiño. Traballadora Social do Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira – AGADEA

 

Módulo  7: Organización e planificación das Actividades da Vida Diaria

Docente:Dna. Iria Piñeiro. Terapeuta Ocupacional do Centro de Día do Concello de A Estrada – AGADEA

 

Módulo 8: Cuestión Legais a ter en conta fronte á demencia.

Docente:Dna. Mercedes Blanco. Avogada

Imaxes

  • Agadea imparte un curso recoñecido de interese sanitario en Riveira
  • Agadea imparte un curso recoñecido de interese sanitario en Riveira

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar