AGADEA estrea pulseiras para vodas cun fin solidario

20/6/2019

AGADEA vén de estrear este proxecto solidario co fin de proporcionar aos interesados un bonito recordatorio para regalar aos invitados dunha voda.  Trátase dun agasallo formado por unha tarxeta máis unha pulseira de silicona en verde serigrafiada coa lenda AGADEA ALZHÉIMER.

Mediante este recordatorio doase a cantidade de 2,50 euros por unidade á entidade e, sobre todo, apoiase á sensibilización sobre esta doenza.

Débense reservar, como mínimo, con 15 días de antelación. Para máis información mandar un correo a agadea@agadea.org co asunto: Pulseiras solidarias.

 

Imaxes

  • AGADEA estrea pulseiras para vodas cun fin solidario
  • AGADEA estrea pulseiras para vodas cun fin solidario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar