AGADEA convoca aos seus socios á Asamblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria do 2019

27/5/2019

AGADEA ALZHEIMER convoca a todos os socios/as da entidade a acudir o luns, 10 de xuño de 2019 á Asamblea Xeral Ordinaria da entidade que terá lugar na sede da asociación (rúa Salgueiriños de Abaixo Nº 15, Santiago de Compostela), ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria.

A orden do día será a seguinte:

- Lectura e aprobación, se procede da acta da Asamblea anterior.

- Presentación da memoria de actividades e balance económico do ano 2018

- Liñas de traballo para o ano 2019

- Rogos e preguntas

Este mesmo día, 10 de xuño e na mesma sede de AGADEA, ás 21.00 horas en primeira convocatoria e as 21.30 en segunda, convócase unha Asamblea Xeral Extraordinaria coa seguinte orde do día: Modificación dos Estatutos.

Lembramos a importancia de acudir ás mesmas para manterse informado. Máis información nos pdf adxuntos.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar