Agadea celebra o seu XXV aniversario cunha programación dirixida á sensibilización da sociedade

9/5/2019
AGADEA cumpre neste 2019 un cuarto de século dende a súa fundación e para celebralo estamos levando a cabo unha serie de actividades que poñen o acento na sensibilización e visibilización do noso colectivo. Entre elas destaca a Gala do XXV Aniversario que terá lugar o 21 de setembro, coincidindo do Día Mundial do Alzhéimer. Facemos aquí unha relación das actividades que xa tiveron lugar e as que están previstas realizar nos vindeiros meses:
XANEIRO.
Presentación do Manual de Envellecemento Activo
Actividade Interxeneracional en Ribeira
Charla sobre alzhéimer en Carreira
Receitas para o Recordo en Ribeira (todos os meses)
Ollando o pasado (todos o meses)
FEBREIRO
Campaña sensibilización co equipo fútbol Compostela
Celebración Día de Rosalía no centro do Ensanche-Santiago
MARZO
Apertura do novo Centro de Día da Estrada
Apertura no novo Servizo de Estimulación de Teo
Visita ao Pórtico da Gloria
Ciclo de conferencias sobre alzhéimer en Santiago (marzo, abril e maio)
Charla sobre alzhéimer en Carreira
Charla sobre alzhéimer en Teo
ABRIL
Campaña de sensibilización ‘O piar do recordos’
Campaña de sensibilización en colexios (abril e maio)
Campaña X Solidaria
Curso de interese sanitario ‘A enfermidade de alzheimer’ en Ribeira
Curso para coidadores en Ambulatorio Concepción Arenal de Santiago
Charla sobre alzhéimer en Vedra (tres sesións)
Charla sobre alzhéimer no Cabes, en Santiago
Charla sobre alzhéimer en Ribadulla
MAIO
Grada Social co equipo de baloncesto ObraMonbus
Visita ao MUPEGA
Charla sobre alzhéimer en San Andrés de Vea
Charla sobre alzhéimer en San Xián de Sales
Charla sobre alzhéimer na Estrada
Charla sobre alzhéimer para estudiantes no CHUS
XUÑO
Gala do deporte en Santiago de Compostela
Excursión á illa de San Simón
Andaina polo alzhéimer en Boiro
Nova páxina web de Agadea
XULLO
Publicación do Boletín semestral de Agadea
AGOSTO
Andaina polo alzhéimer en Ribeira
SETEMBRO
Celebración do día do Alzhéimer coa Gala 25 aniversario de Agadea
Andaina polo alzhéimer na Estrada
Novo Servizo de Estimulación Terapeútica en Boiro
Novo Centro de Día en Santiago de Compostela
 

 

Imaxes

  • Agadea celebra o seu XXV aniversario cunha programación dirixida á sensibilización da sociedade

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar