Agadea acompaña á Federación de Alzhéimer Galicia na gala do seu 20 aniversario

24/9/2018

A Federación Alzhéimer Galicia conmemorou este sábado o seu 20 Aniversario coa celebración dunha Gala Solidaria, que reuniu no Auditorio de Galicia a representantes das 13 entidades que forman FAGAL, entre elas Agadea Alzhéimer. Tamén a personalidades políticas, familiares de persoas con alzhéimer e representantes das entidades de discapacidade de Galicia.

Este evento, presentado pola actriz e presentadora Lucía Regueiro, fixo un percorrido pola traxectoria da entidade baixo o lema “20 Anos: Facendo Camiños, Facendo Memoria”. A federación premiou o apoio da Fundación Barrié pola posta en marcha do programa Rede Paraugas Alzheimer e do proxecto Máis Social. Ademais, FAGAL quixo recoñecer a importancia da investigación, cun galardón ao investigador e coordinador da Rede Galega de Investigación en Demencias, Carlos Spuch, cuxo premio foi entregado pola presidenta de Agadea, Isabel Gey. Foi unha gala emotiva na que se deleitou aos asistentes coas actuacións dos cantantes Tania Fuegho, Fran Allo e Silvia Penide.

Todas as fotos do acto podénse ver neste enlace: Preme aquí 

Imaxes

  • Agadea acompaña á Federación de Alzhéimer Galicia na gala do seu 20 aniversario

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar