Actividades previstas para o 21 de Setembro, Día Mundial do Alzheimer

22/8/2010

CURSO DE COIDADOS PALIATIVOS EN ENFERMIDADE NEURODEXENERATIVA AVANZADA

O curso impartirase no salón de actos do Centro Sociocultural de Fontiñas en horario de 18:30 a 21:45 entre os días 21 e 30 de Setembro.

CICLO DE CINEMA

Terá lugar no Centro Cultural do Ensanche os días 13, 15 e 17 de Setembro.
Proxectaranse as seguintes peliculas:

- La caja de Pandora(2009). Dirixida por Yesim Ustaoglu
- Iris(2001). Dirixida por Richard Eyre
- El hijo de la novia(2001). Dirixida por Juan José Campanella

ACTIVIDADES DIARIAS

SÁBADO 18

Instalaranse mesas informativas nos seguintes lugares da cidade:

- Centro Comercial Área Central
- Corte Inglés
- Praza Roxa
- Praza do Toural

DOMINGO 19

Celebración dunha misa na Igrexa de San Fernando ás 13:00 horas en recordo das persoas falecidas por consecuencia do mal de Alzheimer así como para os enfermos e as súas familias.

Instalarase unha mesa informativa na Igrexa do Pilar.

MARTES 21

Instalaranse mesas informativas na Praza do Toural e nos seguintes hospitais da cidade:

- Hospital Clínico
- Hospital Provincial
- Ambulatorio Concepción Arenal.

Adxuntos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar