ACTIVA-T

14/1/2016

A partir do próximo mes de febreiro, comezaremos no concello de A Estrada o programa ACTIVA-T, dirixido a todas aquelas persoas maiores de 60 anos, sen ningún tipo de deterioro cognitivo ou cun deterioro cognitivo leve, que desexen promocionar unha vellez saudable, diminuíndo así o risco de padecer enfermidades, previr a discapacidade, manter un estado funcional e cognitivo axeitado e ter unha participación activa na sociedade.
Dende ACTIVA-T trataremos de promover as condicións axeitadas, a través de actividades preventivas e integrais, para que as persoas maiores leven unha vida o máis autónoma posible. Tratando de desenvolver e estimular o seu potencial e ralentizar os procesos involutivos que frecuentemente acompaña a idade avanzada.

Imaxes

  • ACTIVA-T

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar