Comprácenos presentarlles a 3ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, na súa terceira edición. Andaina que dende AGADEA estamos a organizar con especial ilusión e agarimo, con esperanzas de acadar un éxito de participación semellante ao obtido nas pasadas edicións. Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado do Concello de Riveira.

DADO O GRANDE ÉXITO E ACOLLIDA COLLEITADOS NA 1ª E 2ª EDICIÓN, VOLTAMOS A POR EN MARCHA ESTA INICIATIVA QUE NACE DA NECESIDADE DE LOGRAR UNHA MAIOR CONCIENCIACIÓN SOCIAL SOBRE A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.

TRATANDO DE FACER VISIBLES Á POBOACIÓN AS NECESIDADES E DIFICULTADES QUE PRESENTAN AS PERSOAS CON ESTA PATOLOXÍA.

FOMENTAR CONDUTAS MÁIS TOLERANTES E SENSIBILIZAR SOBRE A SITUACIÓN QUE XERA A ENFERMIDADE NA CONTORNA  FAMILIAR.

PROGRAMA DO EVENTO:

21:00 horas: Saída da Andaina Solidaria Praza do Concello de Ribeira. Amenizada a cargo de A.F. CHORIMAS de Queiruga.

Entre as 21:30 3 as 22:00 horas: comezo da proxección da película “ENGURRAS“, na Praza de Pablo Neruda. Duración da proxección 1:30 horas.

23:45 horas: Peche do evento

INFORMACIÓN TÉCNICA DA ANDAINDA:

Día: 24 de Agosto de 2018

Hora: 21:00h.

Saída e chegada: Praza do Concello de Ribeira

Información:

  • AGADEA
  • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira –  AGADEA.

Inscrición/Doazóns:

  • WhatsApp: 672.70.50.53
  • Presenciais:
    • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira.

Información: 672.70.50.53 ou na web: www.agadea.org

Distancia: 10km

Dificultade: media – baixa.

Custe da participación: 2€

Data límite de inscrición: Mércores 22 de Agosto de 2018.

Organizan: AGADEA

Deseño do percorrido: Arousa Natureza e Ocio (Arousa NeO).

Colaboran: Concello de Ribeira, Sachacamiños Club de Montaña, Asoc. De veciños de Carreira, Asoc. Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna e Lisardo Vilar Fotografía.

REGULAMENTO:

Percorrido:

  • O percorrido transcorrerá por sendas debidamente sinalizadas.
  • O percorrido contará, durante os seus 10km, con guías.

Participantes:

  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o require.
  • Os participantes están obrigados a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a el ou a terceiros.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre coa finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • Os menores de 16 anos deberán ir debidamente acompañados dun maior.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir aos guías.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos mesmos durante a proba e a súa vinculación co evento.

Material:

  • É obrigatorio o emprego de iluminación con autonomía suficiente para o seu uso durante as horas nocturnas da proba.
  • É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da andaina.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado.

Inscricións:

  • Prazo de inscrición ábrese o 26 de agosto e remata o día 22 do mesmo mes.
    • Por WhatsApp: 672.70.50.53
    • Presencial: Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira.
  • O Donativo da inscrición é de 2 €.
  • A inscrición da dereito a participar na andaina, cobertura do seguro e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación ou retirada da andaina non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do participante que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de evento.
  • A inscrición na andaina implica a aceptación do presente regulamento sen reservas.

Avituallamentos:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio.
  • Disporase dun avituallamento final líquido e sólido
  • A organización disporá de recipientes para depositar os restos e envases.

Outras consideracións:

  • Calquer outra disposición non recollida neste regulamento resolveraa a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a andaina de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da andaina para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
  • AGADEA non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta andaina.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

AGRADECEMENTOS:

Agradecemos a PArticipación das seguintes entidades:

Arousa Natureza e Ocio (Arousa NeO).Lisardo Vilar Fotografía.Sachacamiños Clube de Montaña.Asociación de Veciños de Carreira.Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna.Cocello de Riveira.Climafrío.Gerimédical.Musieventos.M.C.S. Mantenimiento. Control de Incendios. Seguridad.Galisegur.Arigraf.Mouse Santiago.Eroski Center Ribeira.Supermercado Covirán Aguiño.Frutería Mercabarbanza.Ondas.Floristería Mandrágora.Bar  A Recoveira.O Taller da Avoa.Casa Patrón.Clínica de Podoloxía Santa Uxía.O Forno de Artes.Panadería Sieira Charlín.Cukos Moda Infantil.Bodegón Castelao.Chicolino Restauración.Eugenia González Clínica Dental.Espacios Mobiliario y decoración.Triskel Taberna Celta.Arana.A Galeguiña.Marfil.Estanco Castiñeiras.Garauto.Comestibles Lubina.Atalaya Tapería.Zapatería Chaira.Bar O Bahía.Suministros Navales Santa Uxía.El Rincón del Chocolate.Activa Jesús Santiago.Omega Consultores.O Niño do Cuco.Panadería do Barbanza.Shell Estación de Servicio Santa Uxía.Aluminios Pérez.Tecnocar Barbanza.Taller los Amigos.Electro Vidal S.L.O Galeón.Gloss.Gadis.General Óptica Ribeira.Amphora.La Urbana.Alba Santos.