2ª ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHEIMER

16/8/2017

PRESENTACIÓN DO EVENTO:

Comprácenos presentarlles a 2ª Andaina Solidaria co Alzhéimer, na súa segunda edición. Andaina que dende AGADEA estamos a organizar con especial ilusión e agarimo, con esperanzas de acadar un éxito de participación semellante ao obtido na primeira edición. Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado do Concello de Riveira.

DADO O GRANDE ÉXITO E ACOLLIDA COLLEITADOS NA 1ª EDICIÓN, VOLTAMOS A POR EN MARCHA ESTA INICIATIVA QUE NACE DA NECESIDADE DE LOGRAR UNHA MAIOR CONCIENCIACIÓN SOCIAL SOBRE A ENFERMIDADE DE ALZHEIMER.

TRATANDO DE FACER VISIBLES Á POBOACIÓN AS NECESIDADES E DIFICULTADES QUE PRESENTAN AS PERSOAS CON ESTA PATOLXÍA.

FOMENTAR CONDUTAS MÁIS TOLERANTES E SENSIBILIZAR SOBRE A SITUACIÓN QUE XERA A ENFERMIDADE NA CONTORNA FAMILIAR.

 

INFORMACIÓN TÉCNICA:

Día: 08 de setembro de 2017

Hora: 21:00h.

Saída e chegada: Parque Periurbano de San Roque

Información:

  • AGADEA

  • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira - AGADEA.

Inscricións:

  • On line: www.agadea.org

  • WhatsApp: 672,705,053

  • Presenciais:

    • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira.

    • Sede de AGADEA en Santiago de Compostela.

Información: 672,705,053 ou na web: www.agadea.org

Distancia: 10km

Dificultade: media – baixa.

Custe da inscrición: 2€

Data límite de inscrición: Mércores 06 de Setembro de 2017.

Organizan: Arousa Natureza e Ocio (Arousa NeO) e Concello de Riveira.

 

REGULAMENTO:

Percorrido:

  • O percorrido transcorrerá por sendas debidamente sinalizadas.

  • O percorrido contará, durante os seus 10km, con guías.

Participantes:

  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o require.

  • Os participantes están obrigados a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.

  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.

  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a el ou a terceiros.

  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.

  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.

  • Os menores de 16 anos deberán ir debidamente acompañados dun maior.

  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir aos guías e as marcas que balizan o percorrido.

  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.

Material:

  • É obrigatorio o emprego de iluminación con autonomía suficiente para o seu uso durante as horas nocturnas da proba.

  • É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.

  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.

  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer participante que non cumpla esta recomendación.

  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

Inscricións:

  • Prazo de inscrición ábrese o 16 de agosto e remata o 06 do mes de setembro.

  • As inscricións realizaranse:

    • A través da web www.agadea.org nun formulario habilitado para tal fin que deberá ser entregado á organización antes da proba.

    • Por WhatsApp: 672,705,053.

    • Presencial: Centro de Día de Alzheimer de Ribeira.

  • Prezo da inscrición é de 2 €.

  • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro e acceso aos avituallamentos intermedio e final.

  • A non participación ou retirada da andaina non implica a devolución do importe.

  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do participante que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de evento.

  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sen reservas.

Avituallamentos:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio.

  • Disporase dun avituallamento final líquido e sólido

  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases.

Outras consideracións:

  • Calquer outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.

  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.

  • AGADEA non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta andaina.

  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

AGRADECEMENTOS:

Agradecemos a Colaboración das seguintes entidades:

  • Cocello de Riveira.

  • Arousa Natureza e Ocio (Arousa NeO).

  • Climafrío.

  • M.C.S. Mantenimiento. Control de Incendios. Seguridad.

  • Galisegur.

  • Eroski Center Ribeira.

  • Supermercado Covirán Aguiño.

  • Frutería Mercabarbanza.

  • Ondas.

  • Miss – tic.

  • Floristería Mandrágora.

  • Bar Recoveira.

  • O Taller da Avoa.

  • Casa Patrón.

  • Bimbi.

  • Clínica de Podoloxía Santa Uxía.

  • O Forno de Artes.

  • Panadería Sieira Charlín.

  • Cukos Moda Infantil.

  • Bodegón Castelao.

  • Chicolino.

  • Eugenia González Clínica Dental.

  • Espacios Mobiliario y decoración.

  • Triskel Taberna Celta.

  • Arana.

  • Perfumería Greco.

  • Marfil.

  • Estanco Castiñeiras.

  • Comestibles Lubina.

  • Atalaya Tapería.

  • Zapatería Chaira.

  • O Balado.

  • Bar O Bahía.

  • Suministros Navales Santa Uxía.

  • El Rincón del Chocolate.

  • Green Bell.

  • Jesús Santiago.

  • O Niño do Cuco.

  • Flip bocatería – hamburguesería.

  • Panadería do Barbanza.

  • Shell Estación de Servicio Santa Uxía.

  • Aluminios Pérez.

  • Tecnocar Barbanza.

  • Taller los Amigos.

  • Electro Vidal S.L.

  • O Galeón.

  • Gloss.

  • Gadis.

 


 

Imaxes

  • 2ª ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHEIMER

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar