1ª ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHEIMER

17/8/2017

Dado o éxito acadado o ano pasado coa posta en marcha da Andaina no Concello de Riveira, este ano queremos convidalos a 1ª Andaina Solidaria co Alzhéimer no Concello de A Estrada.
Dita andaina está organizada por AGADEA, Senderuta e o Concello de A Estrada e está dirixida para tódolos públicos, xa que se trata dunha ruta de dificultade baixa e fácil de realizar.

O obxectivo desta iniciativa é conseguir unha maior concienciación social sobre a enfermidade de Alzhéimer co fin de que as persoas que a padecen e os seus familiares sexan máis visibles de cara a sociedade en xeral.

As inscricións poderán realizarse de xeito presencial a partir do 21 de agosto no Edificio Novo Mercado os luns, mércores e venres de 16:00 a 20:00 horas e de luns a venres de 09:00 a 13:00 horas na Alcaldía do Concello de A Estrada. O custo da actividade é de 2 €.
Para máis información poderán chamar ao seguinte teléfono: 647 589 725 ou consultar a páxina web: www.agadea.org.

 

INFORMACIÓN TÉCNICA:

Día: 09 de setembro de 2017

Hora: 19:30h.

Saída e chegada: Praza do Concello de A Estrada

Inscricións:

  • Presenciais:

    • Edificio Novo Mercado os luns, mércores e venres de 16:00h a 20:00h

    • Concello de A Estrada (Alcaldía) tódolos días de 09:00 h a 13:00h

Información: 647 589 725 ou na web: www.agadea.org

Distancia: 10km

Dificultade: baixa.

Custe da inscrición: 2€

Data límite de inscrición: Mércores 06 de Setembro de 2017.

Organizan: Senderuta e o Concello de A Estrada.

 

REGULAMENTO:

Percorrido:

  • O percorrido transcorrerá por sendas debidamente sinalizadas.

  • O percorrido contará, durante os seus 10km, con guías.

Participantes:

  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o require.

  • Os participantes están obrigados a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.

  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.

  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en perigo a el ou a terceiros.

  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.

  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.

  • Os menores de 16 anos deberán ir debidamente acompañados dun maior.

  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir aos guías e as marcas que balizan o percorrido.

  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.

Material:

  • É obrigatorio o emprego de iluminación con autonomía suficiente para o seu uso durante as horas nocturnas da proba.

  • É recomendable antes de tomar a saída portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.

  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.

  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer participante que non cumpla esta recomendación.

  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

Inscricións:

  • Prazo de inscrición ábrese o 21 de agosto e remata o 06 do mes de setembro.

  • As inscricións realizaranse:

    • Edificio Novo Mercado os luns, mércores e venres de 16:00h a 20:00h 

    • Concello de A Estrada (Alcaldía) tódolos días de 9:00h a 13:00h.

  • Prezo da inscrición é de 2 €.

  • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro e acceso aos avituallamentos intermedio e final.

  • A non participación ou retirada da andaina non implica a devolución do importe.

  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do participante que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de evento.

  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sen reservas.

Avituallamentos:

  • A organización disporá de avituallamento intermedio.

  • Disporase dun avituallamento final líquido e sólido

  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases.

Outras consideracións:

  • Calquer outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.

  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.

  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.

  • AGADEA non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta andaina.

  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

AGRADECEMENTOS:

Agradecemos a Colaboración das seguintes entidades:

  • Concello de A Estrada

  • Senderuta

  • Librería Lolimay

  • Panadería Cervela

  • Carnicería Condesido

  • Cafetería Invictus

  • Apranome

  • A casa do pan

  • Gadis

  • Amifrut

  • Beep

  • Copistrada

  • Breza

  • Galisegur

 

Imaxes

  • 1ª ANDAINA SOLIDARIA CO ALZHEIMER

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar