1ª Andaina Solidaria co Alzhéimer

3/8/2016
Actualización 24/08/2016: Por motivos de organización, e co obxecto de garantir un correcto desenvolvemento da proba, informamos que se establece como data límite para a inscrición o día 6 de setembro ás 23:59 horas, quedando anulada a posibilidade de facer a inscrición presencial o día da proba. Desculpen as molestias.

Comprácenos presentarlles a 1ª andaina Solidaria co alzhéimer, na súa primeira edición. Andaina que dende AGADEA estamos a organizar con especial ilusión e agarimo. Dirixida a todos os públicos, dende nenos a maiores, esta andaina transcorrerá, entre o lusco e o fusco, nun entorno privilexiado conformado polo Parque Natural Complexo Dunar de corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixan (Concello de Riveira).

A iniciativa nace da necesidade de lograr unha maior concienciación social sobre a enfermidade. Co obxecto de que se fagan visibles á poboación as necesidades e dificultades que presentan estos pacientes. Buscando crear condutas máis tolerantes e sensibilizar sobre a situación que xera a enfermidade de Alzhéimer nas persoas que a sofren e no seu entorno familiar.

INFORMACIÓN TÉCNICA

  • Día: 09 de setembro de 2016
  • Hora: 21:00h.
  • Saída e chegada: Área Recreativa "O Vilar"
  • Información
    • AGADEA
    • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira - AGADEA.
  • Inscricións:
    • On line:
    • Presenciais:
      • Centro de Día de Alzheimer de Ribeira.
      • No posto habilitado o propio día da proba.
      • Sede de AGADEA en Santiago de Compostela.
  • Información: 672 70 50 53 ou na web: www.agadea.org
  • Distancia: 10km
  • Dificultade: media – baixa.
  • Custe da inscrición: 2€
  • Formas de pago
    • Nos puntos de inscripción si se fai de maneira presencial
    • O día da andaina ou mediante transferencia bancaria se se fai online, o número de conta facilitarase no momento de enviar o formulario cuberto
  • Data límite de inscrición: ata o propoio día da proba no posto habilitado ao efecto.
  • Colabora: Arousa Natureza e Ocio (Arousa NeO) e Concello de Riveira.

REGULAMENTO

Percorrido

  • O percorrido transcorrerá por sendas debidamente sinalizadas.
  • O percorrido contará, durante os seus 10km, con guías.

Participantes

  • Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o require.
  • Os participantes están obrigados a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  • Os participantes están cubertos por un seguro de accidentes deportivo.
  • Os participantes asumen que existe o risco dun accidente, e está nas súas mans prever e minimizar ese risco evitando unha actuación que o poña en peligro a él ou a terceiros.
  • Os participantes deben empregar con dilixencia os equipos de protección propios adecuados ademais daqueles que a organización considere obrigatorios. Os equipos de protección deben empregarse sempre ca finalidade e uso que foron deseñados.
  • Os participantes son responsables daquelas accións que causen un dano moral, material ou físico a outros participantes e a terceiras persoas.
  • Os menores de 16 anos deberán ir debidamente acompañados dun maior.
  • Cada participante é o responsable de localizar e seguir aos guías e as marcas que balizan o percorrido.
  • Os participantes autorizan á organización a utilizar a imaxe fotográfica ou videográfica dos corredores durante a proba e a súa vinculación co evento.

Material

  • É obrigatorio o emprego de iluminación con autonomía suficiente para o seu uso durante as horas nocturnas da proba.
  • É recomendable antes de tomar a saida portar un bidón ou recipiente con líquido e en cantidade suficiente que permita chegar aos avituallamentos indicados.
  • É recomendable levar un teléfono móvil con batería e saldo para estar en contacto ca organización si fora preciso.
  • É obrigatorio levar roupa axeitada ás condicións climatolóxicas reinantes no día da proba. A organización resérvase o dereito a retirar a calquer participante que non cumpla esta recomendación.
  • A organización non se responsabiliza do deterioro, perda, ou extravío do material empregado durante a proba.

Inscricións

  • Prazo de inscrición ábrese o 4 de agosto e remata de xeito presencial o propio día da proba.
  • As inscricións realizaranse a través da web www.agadea.org nun formulario habilitado para tal fin que deberá ser entregado á organización antes da proba.
  • Prezo da inscrición é de 2 €.
  • A inscrición da dereito a participar na proba, cobertura do seguro e acceso aos avituallamentos intermedio e final.
  • A non participación ou retirada da andaina non implica a devolución do importe.
  • A petición de inscrición implica o recoñecemento por parte do participante que dispón da capacidade física e psicolóxica para participar neste tipo de evento.
  • A inscrición na proba implica a aceptación do presente regulamento sen reservas.

Avituallamentos

  • A organización disporá de avituallamento intermedio.
  • Disporase de un avituallamento final líquido e sólido
  • A organización dispón de recipientes para depositar os restos e envases.

Outras consideracións

  • Calquer outra disposición non recollida neste regulamento resolverao a organización. Non cabendo recurso.
  • A organización resérvase o dereito a modificar os percorridos, ou incluso a suspender a proba de existir algunha alerta meteorolóxica e/ou o aconsellen as autoridades.
  • Calquer tipo de reclamación deberá ser realizada inmediatamente despois do remate da proba para non entorpecer o desenvolvemente da mesma.
  • AGADEA non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.
  • O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

AGRADECEMENTOS

Agradecemos a Colaboración das seguintes entidades:

  • Concello de Riveira.
  • Arousa Natureza e Ocio (Arousa NeO).
  • Climafrío.
  • M.C.S. Mantenimiento. Control de Incendios. Seguridad.
  • Galisegur.
  • Eroski Center Ribeira.
  • Supermercado Covirán Aguiño.
  • Frutería Mercabarbanza.
  • Ondas.
  • Miss – tic.
  • Floristería Mandrágora.
  • Bar Recoveira.
  • O Taller da Avoa.
  • Casa Patrón.
  • Alalba.
  • Centro Nutrición Santa Uxía.
  • Bimbi.
  • Arana.
  • Perfumería Greco.
  • Marfil.
  • Estanco Castiñeiras.
  • Comestibles Lubina.
  • Atalaya Tapería.
  • Zapatería Chaira.
  • Bar A Taberna.
  • O Balado.
  • Bar O Bahía.
  • Suministros Navales Santa Uxía.
  • El Rincón del Chocolate.
  • Xamonería Otear.
  • Green Bell.
  • Jesús Santiago.
  • O Niño do Cuco.
  • Flip bocatería – hamburguesería.
  • Panadería do Barbanza.
  • Shell Estación de Servicio Santa Uxía.
  • Aluminios Pérez.
  • Clínica de Podoloxía Santa Uxía.
  • O Forno de Artes.
  • Panadería Sieira Charlín.

Adxuntos

Imaxes

  • 1ª Andaina Solidaria co Alzhéimer

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle contenidos relacionados con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información aquí. Aceptar